Publicador de contidos

Publicador de contidos

A construción apura a industrialización para paliar a falta de man de obra

A construción apura a industrialización para paliar a falta de man de obra

O sector afronta o reto de relevar dez mil traballadores que se xubilan nos próximos cinco anos 

A Xunta vai empregar técnicas industriais na urbanización de San Paio de Navia, en Vigo

Este martes arrancaron as obras de dous novos edificios con 56 vivendas 

Na urbanización de San Paio de Navia, en Vigo, a Xunta impulsa a construción de 1600 vivendas
G24.gal 27/03/2025 14:11

Os datos son contundentes. Nos próximos cinco anos xubilaranse dez mil traballadores do sector da construción. E a remuda, de momento, non está asegurada. Para o sector é o gran problema.

De momento bota man de traballadores estranxeiros, daqueles que deciden regresar, pero a clave está en atraer xente nova e mulleres. Esa falta de man de obra obriga a acelerar o proceso de industrialización: Casas que chegan feitas aos terreos e módulos prefabricados que se instalan directamente nos edificios.  

Técnicas industriais que tamén se van empregar na urbanización que impulsa a Xunta en San Paio de Navia, en Vigo. Este xoves arrancaron as obras de dous novos edificios cun total de 56 vivendas. Xa están en marcha cento corenta e dúas. Hai previsto construír 1.600 pisos.

A conselleira de Vivenda, María Allegue, lembrou que estes novos edificios súmanse aos inmobles de 40 e 46 vivendas públicas que a Xunta comezou nos últimos meses, acadando un total de 142 fogares en construción.

Esta mesma mañá o Goberno galego autorizou a adxudicación da licitación da redacción do proxecto para construír outras 51 vivendas no polígono 2. Avánzase un paso máis, segundo a Xunta, no reto de duplicar o parque público de vivenda en Galicia. 

Pero para cubrir as necesidades, Galicia precisaría de máis de 8.000 vivendas cada ano ata o 2027. Os promotores descartan risco de burbulla. Non haberá burbulla, pero tampouco rebaixa de prezos a curto prazo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos