Publicador de contidos

Publicador de contidos

A posible redución da xornada laboral ten en ascuas as pequenas empresas

A posible redución da xornada laboral ten en ascuas as pequenas empresas

Preocúpalles non poder asumir os custos, as dificultades para atopar persoal ou como lles pode afectar a inestabilidade económica

Moitas din que terían que tomar medidas drásticas; asi o reflicte o último informe de Cepyme

0 seconds of 0 secondsVolume 50%
Press shift question mark to access a list of keyboard shortcuts
Keyboard Shortcuts
Play/PauseSPACE
Increase Volume
Decrease Volume
Seek Forward
Seek Backward
Captions On/Offc
Fullscreen/Exit Fullscreenf
Mute/Unmutem
Seek %0-9
00:00
00:00
00:00
00:00
 
G24.gal 27/03/2025 14:43

Non contratar e, mesmo, axustar os seus cadros de persoal. Con estas medidas din que responderán as pequenas e medianas empresas se sae adiante a redución da xornada laboral.

"Estanse tomando medidas como o incremento das cotizacións, incremento dos custos, reducción das xornada, incremento do salario mínimo", explica o presidente da Confederación de empresarios de Lugo, Jaime López. 

Máis do 90 por cento das pemes valoran negativamente as medidas do Goberno, segundo o informe de Cepyme. E aseguran que a inestabilidade actual xa afecta aos seus negocios

"Consideran inapropiadas as políticas que afectan as empresas, o 93 por cento das pemes non se senten acollidas por elas", di Gerardo Cuerva, presidente de CEPYME

Hostalería, transporte, construción e agricultura seguen a ser os sectores onde hai máis dificultades para encontrar traballadores. Pero tamén comezan a tensionarse servizos tecnolóxicos e sociosanitarios. 

 "Se estamos favorecendo actuacións no ámbito das baixas laborais e a maiores as empresas non poden localizar esas coberturas, as empresas están a ter moitas limitacións", aseguran dende a Confederación de Empresarios de Lugo.

Non hai traballadores nin remuda xeracional. En Galicia hai 210.000 autónomos, destes 60.000 xubilaranse nos próximos tres anos.

"Un plan de remuda xeracional que permita romper o éxodo que vai supoñer pechar preto de 60.000 negocios", alerta Eduardo Abad, presidente de UPTA Galicia.

Os empresarios piden máis diálogo e medidas que garantan o futuro dos seus negocios. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade