Publicador de contidos

Publicador de contidos

Polo menos cinco feridos nun acoitelamento no centro de Ámsterdam

Polo menos cinco feridos nun acoitelamento no centro de Ámsterdam

A policía detivo un sospeitoso, segundo medios locais

G24.gal 27/03/2025 16:34 Última actualización 27/03/2025 21:03

Polo menos cinco persoas resultaron feridas este xoves, dúas delas de gravidade, nun acoitelamento preto da praza Dam de Amsterdam.

A Policía neerlandesa arrestou o sospeitoso pola agresión e trasladouno ao hospital cunha ferida na perna.

Os investigadores subliñan que aínda non están claros os motivos do incidente.

O suceso tivo lugar nunha rúa próxima ao Palacio Real, na praza Dam, unha das máis concorridas de Amsterdam.

Despois dun par de horas pechado, o acceso á zona reabriuse e só permanece acordoada a área do lugar do incidente. A Policía asegurou que a situación xa está baixo control.

Colaboración cidadá

A rápida detención foi posible grazas a que un transeúnte tirou o presunto atacante ao chan e sentou encima para inmobilizalo ata que chegou a policía, segundo o diario neerlandés Het Parool.

Unha testemuña describiu ao sospeitoso detido como “un home branco, co pelo de punta, duns trinta anos, con vaqueiros e unha camiseta branca”, segundo declarou á televisión pública NOS.

A Policía urxiu ás testemuñas do suceso para compartir cos axentes “calquera vídeo do incidente que poida axudar na investigación.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade