Nova liña de axudas da Xunta para mellorar a eficiencia enerxética do sector turístico
Nova liña de axudas da Xunta para mellorar a eficiencia enerxética do sector turístico
Establecementos hoteleiros e restaurantes teñen ata o 14 de novembro para acollerse a estas subvencións
Axudas por valor de dez millóns de euros dos fondos europeos Next Generation
As empresas turísticas xa poden acollerse á liña de axudas da Xunta, que busca reforzar as súas medidas de eficiencia enerxética. O Goberno galego dotou este plan con dez milóns de euros, financiados con fondos europeos, na procura da modernización e a mellora da competitividade do noso sector turístico.
Nun hotel grande, o consumo medio por metro cadrado ao ano está entre 30 e 50 quilowatts hora. Reducir esa contía é o obxectivo das axudas da administración destinadas á renovación de equipos, eficiencia enerxética e aposta polas enerxías renovables.
Axudas por valor de dez millóns de euros para aloxamentos turísticos, e como novidade este ano tamén para establecementos de restauración.
A factura enerxética aumenta en climas onde vai moito frío ou calor para lograr manter os estándares de confort. Un dos maiores gastos é a climatización, por iso moitos xa pensan en renovar equipamento.
Establecementos hoteleiros e restaurantes teñen ata o 14 de novembro para acollerse a estas axudas, que ademais permiten ao sector seguir avanzando cara a un turismo sostible e eficiente.