Uns 200 galegos do exterior regresan a Galicia grazas ao programa Reencontros
Uns 200 galegos do exterior regresan a Galicia grazas ao programa Reencontros
Emigraron dende Galicia hai décadas. Viaxan dende A Arxentina, O Uruguai, Venezuela, Cuba e O Brasil
Durante os próximos dez días van aloxarse en dúas residencias da Xunta no Carballiño e Nigrán. Dende alí van visitar varias zonas de Galicia.
Este martes chegaba ao aeroporto da Lavacolla o primeiro grupo de persoas, 200 participantes maiores de 65 anos, que emigraron dende Galicia hai décadas. Viaxan dende A Arxentina, O Uruguai, Venezuela, Cuba e O Brasil.
Durante os próximos dez días van aloxarse en dúas residencias da Xunta no Carballiño e Nigrán. Dende alí van visitar varias zonas de Galicia.
"Algúns marcharon moi pequeniños e non puideron volver, hai persoas que levan 50 ou 60 anos sen poder volver a Galicia.. e queremos que volvan coñecer esa Galicia actual, da que se encontran tan orgullosos", explica o secretario xeral de Emigración.
Isabel Louzán, de Fisterra, recordaba o momento en que marchou de Galicia:
"Leváronme, porque eu non quería ir, leváronme os meus pais con 5 anos a Bos Aires. E alá estivemos ata os 75 que teño".
Marisa Gómez quere volver á súa Silleda natal:
"Neste momento quixera ir ao colexio ao que fun, onde tomei a miña Primeira Comuñón, e atoparme con todas esas mozas, que somos todas moi maiores".
Tras os dez días de visita, os participantes do programa Reencontros con Galicia teñen a opción de decidir se regresan ao seu país de residencia ou prolongan a estancia en casa de familiares.