Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta di que apoiar o emprendemento dos emigrantes retornados contribúe ao desenvolvemento económico

A Xunta di que apoiar o emprendemento dos emigrantes retornados contribúe ao desenvolvemento económico

Desde a Secretaría Xeral de Emigración estanse dando 120 axudas deste tipo cada ano

G24.gal 26/08/2024 13:36

Na estratexia Galicia Retorna, hai axudas ao autoemprego e ás iniciativas emprendedoras de emigrantes retornados que, di a Xunta, están contribuíndo ao desenvolvemento económico de Galicia e a fixar poboación no rural. Só desde a Secretaría Xeral de Emigración estanse dando 120 axudas deste tipo cada ano.

Antonio Rodríguez Miranda, responsable do departamento, asegura que "está permeando moito o ámbito rural. Máis do 50 % das iniciativas de emprendemento que se axudan desde a secretaría xeral de Emigración son en concellos de carácter rural, non son nas sete grandes cidades de Galicia. Co cal iso tamén é moi importante porque nos axuda a fixar poboación no rural".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade