Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta destina once millóns a accións para atraer emigrantes retornados e estranxeiros

A Xunta destina once millóns a accións para atraer emigrantes retornados e estranxeiros

O programa Retorna Cualifica Emprego, dotado de 2,4 millóns, pretende traer galegos emigrados con postos de traballo xa negociados coas empresas en orixe

O conselleiro José González tamén anunciou a creación dunha liña de axuda bianual de dous millóns para a rehabilitación de vivendas para os emigrantes que volvan a Galicia

José González, conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración / Mónica Arcay Carro
G24.gal 28/10/2024 19:42

A consellería de Emprego, Comercio e Emigración reforzará con once millóns de euros a súa acción para atraer o talento de emigrantes retornados e estranxeiros, entre eles traballadores con alta cualificación, e adoptará algunhas medidas novas, como destinar dous millóns de euros en axudas para a rehabilitación de vivendas no marco da iniciativa Retorna Cualifica Emprego.

Así o trasladou o conselleiro José González, que este luns compareceu para dar conta dos orzamentos do seu departamento en 2025 ante a Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento galego.

Como novidade no programa Retorna Cualifica Emprego, dotado con 2,4 millóns de euros o próximo ano, tratarase de "afinar máis a selección en orixe", coa celebración de feiras con presenza de empresas galegas en países como A Arxentina ou O Uruguai.

Ademais, crearase unha liña bianual de axudas dotada con dous millóns de euros para rehabilitación de vivendas para facilitar aos emigrantes retornados que cheguen cun traballo e con familia a cobertura das súas necesidades básicas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade