Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os comercios adiantan as rebaixas de xaneiro, con descontos de ata o 50 %

Os comercios adiantan as rebaixas de xaneiro, con descontos de ata o 50 %

A idea é atraer clientes e axudar aos Reis Magos

Cada vez son máis os establecementos que se adiantan aos saldos do 7 de xaneiro

 

G24.gal 30/12/2024 14:53

Cada vez son máis as tendas en que as rebaixas corren máis ca os Reis. Malia que os escaparates o deixan claro, a moitos compradores este desconto en pleno Nadal cólleos por sorpresa. Hai rebaixas nalgunhas grandes firmas de moda e complementos, pero tamén en tendas do pequeno comercio. É o caso dunha zapataría santiaguesa onde cren que o adianto compensa.

Os descontos poden chegar xa ata o 50 %. Así e todo, a gran maioría de consumidores teñen interiorizado o día sete como o verdadeiro gran comezo dos saldos.

Cheguen antes ou despois dos Reis, en rebaixas non debemos esquecer que baixan os prezos, pero non os dereitos dos consumidores. Os produtos rebaixados teñen que mostrar o prezo antigo e contar coas mesmas garantías que antes dos descontos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade