Publicador de contidos
Publicador de contidos

Soben os gastos do día a día coa volta ao IVE anterior de moitos produtos básicos

Soben os gastos do día a día coa volta ao IVE anterior de moitos produtos básicos

Na compra diaria é onde máis se notou que empezamos un novo ano

A suba nótase en produtos como pan, café, froitas, verduras e tabaco, algúns dos produtos máis consumidos a diario

O pan é un dos produtos máis consumidos a diario
G24.gal 31/01/2025 14:26

A chegada dun novo ano sempre vén acompañada do encarecemento dos prezos. Notámolo sobre todo nos produtos que mercamos ou consumimos a diario.

"Sempre compro sopa de estreliñas e cando fun coller o paquete pois eran 30 céntimos máis", comenta unha señora.

Os alimentos básicos e de primeira necesidade volveron ao seu IVE habitual unha vez superada a peor fase da inflación, e iso nótase no peto.

"Non repercute tanto a subida do IVE como para subir o que subiu", apunta un señor.

Neste obradoiro de pan non subiron os prezos xusto cando comezou o ano. Pero ao final non lles quedou outra

"Non, non o fixemos, esperamos a hai uns poucos días para incrementar un pouco os prezos, non pensando especialmente no IVE senón na suba de todos os outros custos", explica Jaques Isaac, propietario de La Bulanxerí.

O pan, o café, as froitas e as verduras son os produtos que máis lles doen aos consumidores, porque son gastos do día a día.

"Antes pagaba por unha barra 1,10 e agora subiu directamente a 1,30, 1,40".

"Os cafés tamén subiron porque agora un café custa 1,60, a ver se me entendes, antes era 1,40 e agora cóbranme 1,60 en todos os lados".

"A froita, a froita mogollón, e as verduras".

"A cervexa, que é algo así que adoitamos tomar máis puntual, agora xa non é tan puntual", comentan varios consumidores.

A visita ao estanco tamén se deixa notar. Todas as marcas subiron arredor de 40 céntimos. 

"Notámolo moito porque acabamos o ano pagando; por exemplo, eu, que fumo Horizon, igual eran 5,40 e agora xa está en 5,95, e cada semana un paquete, nótase, nótase", recoñece un rapaz.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos