Publicador de contidos
Publicador de contidos

Afórrase cos envases XXL no supermercado?

Afórrase cos envases XXL no supermercado?

Un estudo desmonta o mito dos grandes formatos nos supermercados

G24.gal 17/01/2025 14:20

En plena costa de xaneiro, quen mais e quen menos busca opcións na súa compra diaria para tratar de aforrar uns céntimos. Pero, atención, porque, segundo un estudo recente, o que nos venden como "envase aforro" ou "familiar" ás veces pode resultar máis caro.

Cando imos facer a compra, o máis habitual é que os envases que prometen un aforro por maior cantidade sexan os que chamen a nosa atención. E ese é o problema, que moitas veces o consumidor non verifica o prezo por quilo ou por litro. Segundo un estudo recente, ás veces estes envases poden chegar a custar un 18 por cento máis en comparación cos tamaños habituais. 

Segundo a OCU ás veces este formato é ata un oitenta por cento máis caro que un formato máis pequeno. O consello para os consumidores é fixarse no etiquetado e comparar porque ás veces non só resulta menos económico, senón que tamén fomenta un consumo innecesario.

Comprender como as estratexias de márketing inflúen nas nosas decisións pode ser clave para tomar o control da nosa economía diaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos