Publicador de contidos
Publicador de contidos

As redeiras de Portosín din que están fartas de atopar excrementos nos aparellos

As redeiras de Portosín din que están fartas de atopar excrementos nos aparellos

No verán o problema agrávase polo aumento de poboación coa chegada dos turistas

G24.gal 17/01/2025 13:51

Indignación e impotencia é o que senten as redeiras do cerco de Portosín cando chegan cada mañá a traballar e atopan excrementos de cans nos aparellos que teñen que manipular. Pero non son só de cans, hai quen usa as redes como aseo público.

No verán, o problema agrávase polo aumento de poboación e turistas, que converten as redes en contedores. Xa teñen atopado cristais entre as artes, o que supón ademais un risco.

Recoñecen que a solución é complexa, porque restrinxir o acceso ao porto é inviable. Pouco máis que facer que apelar ao civismo ou instalar cámaras de vixilancia. Din que esta medida contribuiría ademais a evitar roubos, que tamén son unha constante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade