Protestas veciñais polos cortes de auga e a rotura de tubaxes no barrio vigués de Teis
Protestas veciñais polos cortes de auga e a rotura de tubaxes no barrio vigués de Teis
Critican que non se renoven 100 metros de condución totalmente remendadas que, aseguran, provocan continuas avarías
A veciñanza da rúa Subida á Ponte en Teis está farta das constantes roturas de tubaxes e cortes de fornecemento de auga. Algúns calculan que ocorre desde hai 30 anos.
Anovouse parte da condución pero quedan uns cen metros totalmente cheos de remendos que son os que provocan todas as avarías.
O último corte na subministración da auga foi en Reis, noutra ocasión en fin de ano, e algunha vez faltoulle dous días. A zona aínda está chea de lama, auga e precintos.
Critican que nin a concesionaria, nin o concello lles fagan caso. Algúns xustifícano porque existe un proxecto urbanístico novo para a zona e que están agardando para arranxar todo de vez. Pero o novo proxecto atrásase e eles seguen igual que hai trinta anos.