Publicador de contidos
Publicador de contidos

A princesa de Asturias navega polo Atlántico a bordo do buque escola Elcano

A princesa de Asturias navega polo Atlántico a bordo do buque escola Elcano

Casa Real difundiu novas imaxes da princesa Leonor en que se ve realizando varias manobras a bordo, como a suba de mastros

Tamén podemos ver a súa vida a bordo, mentres come cos compañeiros
 

G24.gal 31/01/2025 14:02

A princesa Leonor navega polo Atlántico a bordo do buque escola Juan Sebastian de Elcano. Son 22 días en mar aberto nos que a princesa de Asturias amplía a súa formación como gardamariña. Hoxe puidemos vela nalgunha das manobras que realizan a bordo, como a suba a mastros ou o aferrado de velas. A princesa de Asturias compaxina estas manobras coas horas de estudo e coas gardas. 

As imaxes tamén amosan como é a vida a bordo. Así, vemos a princesa Leonor facendo traballos de mantemento ou á hora da comida cos seus compañeiros. Con ela fórmanse outros 75 mozos. 

A princesa de Asturias embarcou no Juan Sebastian de Elcano o 11 de xaneiro en Cádiz. Tras dúas paradas nas Canarias, emprendían travesía polo Atlántico e non está previsto que toquen terra ata o 14 de febreiro, cando cheguen a Salvador de Bahia, no Brasil. Serán cinco meses en mar aberto, con paradas en oito países. A fin da travesía será o 14 de xullo, cando desembarquen na Escola Naval de Marín. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade