Publicador de contidos
Publicador de contidos

A princesa Leonor chega a Gran Canaria a bordo do Juan Sebastián de Elcano

A princesa Leonor chega a Gran Canaria a bordo do Juan Sebastián de Elcano

O buque escola da Armada porá rumbo a América este mércores

G24.gal 21/01/2025 14:17

Última parada española da princesa Leonor nas Canarias antes de poñer rumbo cara a América a bordo do Juan Sebastián de Elcano no seu cruceiro de instrución.

O buque atracou ás nove da mañá nas Palmas de Gran Canaria. Canda os compañeiros de promoción, a herdeira á coroa saudou desde a borda todos os que agardaban no peirao.

Desde que partiu de Cádiz o 11 de xaneiro esta é a segunda parada, despois de atracar en Tenerife o venres pasado. A última en España antes de cruzar o océano Atlántico.

Hoxe na axenda oficial de formación tiña previsto visitar canda os outros 75 gardamariñas os buques de acción marítima da Armada. Tamén terán tempo para actividades de lecer, culturais e gastronómicas.

O Juan Sebastián de Elcano porá rumbo a América este mércores. Pasarán tres semanas de aprendizaxe a bordo do barco ata que volvan pisar terra en Salvador de Baía, no Brasil, o 14 de febreiro.

A princesa Leonor navegará no Elcano cinco meses. Visitarán oito países, cunha última parada en Nova York, en xuño.

Un mes despois, o 14 de xullo, poderemos vela desembarcando canda o resto dos gardamariñas na Escola Naval de Marín. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade