Publicador de contidos
Publicador de contidos

O prezo dos seguros de coche, polas nubes

O prezo dos seguros de coche, polas nubes

Despois de tres anos de subas consecutivas, no 2024 acadaron niveis de récord

A suba do IPC e dos custos de reparación dos sinistros entre as principais causas
 

No 2024 encareceron todos os seguros
G24.gal 30/01/2025 16:00

Os seguros de coches non son alleos á inflación e levan tres anos á alza. No primeiro trimestre do 2024 acadaron máximos históricos cun aumento do 15%. Así se desprende dun informe que analizou cifras de máis de 20 compañías aseguradoras.

"Non vai desacertado ese informe, moi probablemente dende a covid en adiante houbo unha suba importante dos prezos dos seguros de maneira bastante constante. Seguramente a final do ano pasado estabillizáronse un pouco, pero na parte alta non volveron baixar, esa é unha realidade", explica Iván Novo, director xeral de Ucoga

Esta suba xeneralizada responde a varios factores, o IPC é un deles.

"Como o IPC se disparou, pois loxicamente os prezos dos seguros tamén subiron", apunta Alberte Brenlla, corretor de seguros

Tamén hai que ter en conta os custos de reparación.

"Hai un incremento moi importante do prezo medio de cada sinistro e a man de obra dos talleres incrementouse, o custo das pezas incrementouse", continúa Iván

Para paliar estas subas hai algunhas medidas que se poden tomar. Algunhas das máis comúns son comparar prezos, contratar só as coberturas que se precisan e meter todos os seguros na mesma compañía.

"Se metes o da casa e metes algo máis que teñas, pois sempre cho abaratan, claro", conta un señor

"E despois tamén nós, como mediadores de seguros, temos ferramentas para abaratar prezos, nalgúns casos", engade Alberte

Aínda que é difícil predicir que vai pasar este ano, todo apunta a que as aseguradoras non van subir máis.

"Estamos vendo os datos que van publicando as compañías, como vai o ramo do automóbil, e vemos que están corrixindo en certa maneira as perdas que estaban arrastrando", conta Iván Novo, director xeral de Ucoga

"Se a compañía ten un bo balance de sinistralidade, pode baixar os prezos, e de feito faino", puntualiza Alberte Brenlle

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade