Cargando resultados...
Descontos de ata o 50% nas primeiras compras do Black Friday
Descontos de ata o 50% nas primeiras compras do Black Friday
Xa hai descontos de entre un 10 % e un 50 %, aínda que o groso das vendas físicas comezarán o vindeiro venres
G24.gal
23/11/2024 14:29
O Black Friday consegue frear as compras do inverno ata que empeza e adiantar as do nadal a finais de novembro. Consolidado desde hai máis dunha década en Europa, cada vez empeza antes e remata máis tarde.
Nos centros comerciais xa hai descontos de entre o 10 % e o 50 % estes días. O día grande será o vindeiro venres 29.
Moitos consideran que estes grandes eventos comerciais favorecen as grandes superficies. Outros aproveitan para mercar esa roupa, esa tecnoloxía ou eses mobles que precisan e que son máis baratos que o resto do ano