Publicador de contidos
Publicador de contidos

'Carmelamola' abre tenda física na Coruña

'Carmelamola' abre tenda física na Coruña

Carmen Álvarez, de 23 anos, empezou a facer bixutería para mellorar a súa destreza manual

Os xes do seu logotipo simbolizan os tres cromosomas que teñen as persoas con síndrome de Down

G24.gal 14/12/2024 19:48

A tenda de Carmelamola acaba de abrir nun dos locais do mercado de Santo Agostiño, moi preto da praza de María Pita. Carmen Álvarez, ten 23 anos, empezou a facer bixutería para mellorar a súa destreza manual. E da venda dos seus colares, pulseiras e pendentes por internet pasa agora á tenda física, co apoio do Concello da Coruña e a Fundación Artesanía de Galicia.
 

"É a primeira persoa con síndrome de Down que abre unha tenda en España. É moi difícil meter na mesma frase autoemprego e discapacidade intelectual. Ela conseguiuno co apoio de todos nós, por suposto, e queremos que esto axude a outros mozos como ela xa que o 95% das persoas con síndrome de Down están desempregadas".
 

A nai e o pai de Carmen son os seus principais apoios na tenda aínda que esperan que o negocio vaia ben e poida contratar alguén como axuda laboral no futuro. Estes primeiros días, a clientela responde. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos