Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trece mulleres, dez galegas, novas vítimas do coñecido como o calote do amor

Trece mulleres, dez galegas, novas vítimas do coñecido como o calote do amor

A Garda Cvil prendeu un veciño da Coruña, duns trinta anos, como presunto autor da estafa sentimental

Separarse das redes sociais e verificar que a persoa coa que contactanos é quen di ser son algúns dos consellos que dan os expertos para evitar ser vítima

G24.gal 11/04/2025 14:15

Trátase dun calote emocional en que unha persoa, a través das redes sociais, engana outra ata que chega a converterse na súa parella e, unha vez que xa gañou a súa confianza, comeza a estafala. Así actuou o veciño da Coruña que prendeu a Garda Civil.

"Abría distintos perfís en redes sociais de contactos e, unha vez que consolidaba a relación, pedíalles como favor recibir unha cantidade de cartos pequena. Posteriormente, explicándolles malas situacións persoais obtiña máis diñeiro. Pero amais, ás persoas coas que tiña contacto físico roubáballes os datos persoais para, unha vez finalizada a relación, realizarlles créditos ao seu nome", explica Alberto González, sarxento do Equipo contra a Ciberdelincuencia.

Polo momento son 13 as vítimas constatadas; 10 delas, galegas.

"Son mulleres de entre 28 e 36 anos. O que temos que intentar é afastarnos un pouco das redes sociais, pero no caso de usalas, verificar que a persoa que cremos que é a nosa parella sexa quen di ser", engade González.

O detido, duns trinta anos, está pendente de xuízo.

"Por unha estafa continuada, e imos intentar reunir máis vítimas para poder imputarlle máis cargos que agraven esa situación e acabemos con esta persoa dentro da cadea", conclúe o sarxento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade