A Garda Civil detén unha persoa e desmantela un punto de venda de droga en Noia
No interior da vivenda atoparon cocaína, haxix, utensilios para manipular substancias estupefacientes, dúas pistolas de aire compromiso e case 5.000 euros en moeda fraccionada

A Garda Civil desmantela un punto de venda de drogas situado nun piso da vila coruñesa de Noia. Na mesma operación tamén detivo o home responsable da vivenda.
A operación empezou a principios do verán pasado ao detectarse tránsito de toxicómanos ao redor dunha vivenda de Noia. Os axentes inician as pescudas e comezan a sumar indicios de que alí se estaba a traficar con estupefacientes.
Daquela, a Garda Civil solicitou a entrada e o rexistro do domicilio. No seu interior atoparon cocaína, haxix, utensilios para manipular substancias estupefacientes, dúas pistolas de aire compromiso e case 5.000 euros en moeda fraccionada, segundo informa o instituto armado este sábado nunha nota de prensa.