Publicador de contidos

Publicador de contidos

Catro detidos e varios rexistros en Ourense nunha operación contra o tráfico de drogas

Catro detidos e varios rexistros en Ourense nunha operación contra o tráfico de drogas

Os axentes acharon catrocentas doses de cocaína, haxix, marihuana e mdma, ademais de 1.500 euros en efectivo

 

 

Zona vella de Ourense, onde había un “punto negro” de venda de cocaína Zona vella de Ourense, onde había un “punto negro” de venda de cocaína
G24.gal 11/04/2025 16:38

A Policía Nacional detivo catro persoas e efectuou varios rexistros nunha operación contra o tráfico de drogas na cidade de Ourense, co que dá por desarticulado un novo punto de venda de droga que operaba en lugares próximos á zona de lecer nocturno.

Segundo informou a comisaría provincial, a operación, bautizada como Cuáquer, iniciouse o pasado mes de xaneiro, nos labores de prevención da brigada de seguridade cidadá.

Durante a investigación, o grupo de estupefacientes constatou a existencia dun “punto negro” de venda de cocaína na zona vella da cidade.

Froito da operación, a Policía procedeu á detención de catro persoas e efectuou tres dilixencias de entrada e rexistro en domicilios situados na zona vella da cidade.

Entre as substancias comisadas, os axentes acharon cocaína, haxix, marihuana e mdma, en varios formatos e doses preparadas para a venda, así como diverso material para pesada e diñeiro en metálico.

En total, catrocentas doses de cocaína, entre outras substancias, ademais de 1.500 euros en efectivo.

A primeira detención produciuse este pasado mércores día 9 de abril, cando o principal investigado foi sorprendido na allada cando realizaba un “pase” de droga nas inmediacións do seu domicilio situado na zona vella da cidade.

As outras tres detencións producíronse ao longo do pasado xoves.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade