Publicador de contidos
Publicador de contidos

O concello lugués do Corgo acolle unha nova edición do mercado dos oficios

O concello lugués do Corgo acolle unha nova edición do mercado dos oficios

O evento está organizado pola Asociación os Cinco Ríos do Corgo, coa idea de revitalizar a vila

Xurdiu a raíz da celebración de mercados semanais para intercambio de produtos e apeiros 

G24.gal 25/08/2024 19:43

No concello lucense do Corgo lembran os oficios tradicionais cun mercado que xa vai pola terceira edición. 

Está organizado pola Asociación os Cinco Ríos do Corgo, unha agrupación que se creou hai un lustro para dinamizar esta poboación, e que mensualmente promove mercados onde se venden e compran apeiros do campo e outros produtos.

Na xuntanza de hoxe non faltou tampouco a música nin unha concentración de vehículos clásicos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade