Cargando resultados...
B100, o banco dixital de Abanca, recompensa a desconexión das redes sociais
Permite que os usuarios destinen parte dos cartos que teñen na súa conta corrente a unha conta remunerada co 3,40 %
Terán que cumprir unha serie de obxectivos de desconexión das redes sociais
G24.gal
06/03/2025 13:00
Aforrar por levar unha vida máis saudable. É unha das propostas que fai B100, o banco dixital de Abanca. Veñen de sacar un novo produto de aforro que permite que os usuarios destinen parte dos cartos que teñen na súa conta corrente a unha conta remunerada co 3,40 % sempre que cumpran uns obxectivos de desconexión.
Trátase de pasar menos horas do día conectados ás redes sociais. Canto máis tempo sen usalas, máis posibilidades de aforro. Este plan únese aos que xa viñan desenvolvendo que recompensaban o tempo camiñado ou o deporte feito.