Cargando resultados...
Leiro rexistra a temperatura máis alta de España, con case trinta graos
28,5 graos marcou o termómetro esta tarde de domingo en Leiro
En Ourense cidade e en Salvaterra tamén subiron dos 27
As ribeiras do Miño enchéronse de xente aproveitando o sol
G24.gal
30/03/2025 20:24
Última actualización 30/03/2025 21:04
Este domingo deixou unha tarde de verán no interior de Galicia. Á cabeza, unha vez máis, o rexistro da estación meteorolóxica de Leiro, que alcanzou os 28,5 graos ás seis e media tarde, tres graos máis que as zonas máis cálidas do sur de España, como Huelva ou Xaén.
En Ourense cidade, o termómetro subiu tamén dos 27 graos, trinta graos de diferenza con respecto á mínima da provincia que foi en Calvos de Randín, baixo cero na madrugada.
E para o luns, está previsto que se manteñan as temperaturas diúrnas elevadas.