Publicador de contidos

Publicador de contidos

Conmoción en Baltar pola morte dunha veciña de 81 anos dun forte golpe na cabeza ao caer no lavadoiro

Conmoción en Baltar pola morte dunha veciña de 81 anos dun forte golpe na cabeza ao caer no lavadoiro

Tristura na localidade ourensá pola súa veciña, octoxenaria e con alzhéimer

Desde hai dous anos vivía co seu irmán que a coidaba; o home quedou moi afectado

O lavadoiro onde caeu está nunha leira das súa propiedade, ao lado da súa casa en Baltar.
G24.gal 23/04/2025 14:15

Foi no lavadoiro da súa propiedade onde ocorreu o fatal accidente na tarde do martes, na localidade de Baltar. Pepita, de 81 anos, padecía alzheimer, e o seu irmán coidaba dela desde hai dous anos. Ninguén se explica como puido acontecer, contan as súas veciñas que ela adoitaba sentar ao sol no lavadoiro da súa propiedade, nunha leira situada a carón da súa casa. Caeu cara atrás e deu un forte golpe na cabeza do que que non conseguiu salvarse. 

"Mala sorte, el estaba pendente dela sempre, e só un momentiño que se acercou non sei a que, e pasou iso...", conta Palmira, veciña e amiga. 

O tráxico accidente inundou de tristura a veciñanza de Baltar, ao ir coñececendo a noticia. Puidemos falar co seu irmán, que estaba moi afectado, pero non quixo falar e pediunos comprensión para a súa dor. Pepita era unha muller moi querida e respectada por todos... E as súas veciñas están moi apenadas. 

Unha gran tristura para toda a xente que a coñecía. Familiares e amizades despedirán á súa querida Pepita na intimidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade