Cargando resultados...
Luz verde á mellora da seguridade viaria en Infesta, Betanzos
A reforma, na que a Xunta investirá máis dun millón de euros, era unha vella reclamación dos veciños
G24.gal
16/04/2025 13:59
A estrada AC- 542 verá incrementada a seguridade para os peóns nun treito de case dous quilómetros e medio no Concello de Betanzos. A consellería de infraestruturas investirá mais dun millón cen mil euros desde Infesta a Betanzos, atendendo ás suxestións dos veciños e da asociación Stop accidentes.
A actuación mellorará ademais o acceso ao centro de discapacitados Pai Menni, e dará resposta ós requirimentos dos veciños de Infesta. O proxecto inicia hoxe o prazo de exposición pública e debe estar rematada en doce meses.