Publicador de contidos

Publicador de contidos

Moratoria do eucalipto: o sector forestal aposta por medidas intermedias

Moratoria do eucalipto: o sector forestal aposta por medidas intermedias

Haxa ou non ampliación da moratoria, a regulación impide plantar eucaliptos en terras agrarias, tampouco pemite substituír especies autóctonas nin tampocuo plantar nas 340.000 hectáreas da Rede Natura

G24.gal 16/04/2025 14:04

A moratoria do eucalipto remata a finais deste ano. Dende o sector forestal apostan por fórmulas intermedias que permitan novas plantacións de eucalipto a cambio de coidar, por exemplo, os piñeiros.

Haxa ou non ampliación da moratoria, a regulación impide plantar eucaliptos en terras agrarias, tampouco permite substituír especies autóctonas nin tampouco plantar nas 340.000 hectáreas da Rede Natura. A moratoria remata en decembro. Vixente dende o 2021, dende daquela prohibe novas plantacións.

Pero frear a plantación de eucalipto, di o sector, non vai crear condicións para recuperar o piñeiro. Por iso apostan por medidas intermedias: permitir novas plantacións de eucalipto a cambio de instalar coníferas e frondosas noutras parcelas. Con todo, a asociación de silvicutores Costa Norte considera necesario manter a moratoria.

Dende a Xunta de Galicia sinalan que aínda é demasiado pronto para decidir se se estende a moratoria. Algo que xa pediron distintas asociacións ecoloxistas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade