Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un menor de tres anos tras caerlle encima unha portería nun pavillón de Subirats, en Barcelona

Falece un menor de tres anos tras caerlle encima unha portería nun pavillón de Subirats, en Barcelona

O accidente produciuse a media tarde do pasado martes, cando o menor estaba xogando con outros nenos no interior das instalacións deportivas

O minuto de silencio este martes/EP O minuto de silencio este martes/EP
G24.gal 15/01/2025 12:58

Os Mossos d'Esquadra investigan a morte accidental dun menor de tres anos nun pavillón municipal de Subirats, en Barcelona. O accidente produciuse a media tarde do pasado martes, cando o menor estaba xogando con outros nenos no interior das instalacións deportivas.

Ao menor caeulle encima unha portería, accidente mortal que as causas aínda se están a investigar segundo informaron este mércores os Mossos d'Esquadra. Estase á espera de determinar se a portería estaba ben fixada ou non.

Efectivos do Sistema de Emerxencias Médicas (SEM) desprazáronse ata o lugar do incidente, pero non puideron facer nada por salvar a vida do neno.

Tres días de loito en Subirats

Nun comunicado, o concello de Subirats concretou que o accidente mortal produciuse cunha portería secundaria de adestramento situada fóra do terreo de xogo da pista polideportiva do núcleo de Ordal.

O consistorio da localidade ofreceu o seu apoio aos familiares da vítima e a súa colaboración cos axentes dos Mossos que investigan o accidente. Ás 12 horas deste mércores convocouse un minuto de silencio fronte á sede do concello, na praza 1 d'Outubro de Sant Pau d'Ordal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade