Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un montañeiro de 44 anos tras esfragarse nos Picos de Europa

Falece un montañeiro de 44 anos tras esfragarse nos Picos de Europa

A vítima, que contaba con experiencia, estaba cun compañeiro que avisou os servizos de emerxencia

Imaxe do rescate. FOTO/112 Cantabria Imaxe do rescate. FOTO/112 Cantabria
G24.gal 12/01/2025 17:08 Última actualización 12/01/2025 17:30

Un montañeiro de 44 anos, veciño de Mortera (Cantabria), faleceu este domingo en Picos de Europa tras esfragarse en Peña Vieja, no parque natural situado en Camaleño.

O seu compañeiro, de 34 anos e procedente de Solares, avisou o Centro de Atención a Emerxencias do 112 de Cantabria, que mobilizou un helicóptero medicalizado do Goberno, segundo informa na rede social X.

Unha vez no lugar, confirmaron o falecemento do montañeiro, que contaba con experiencia, e levaron o seu compañeiro, que se atopaba moi afectado, ata un sitio seguro. No operativo de rescate tamén interviñeron axentes da Garda Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade