Publicador de contidos
Publicador de contidos

Putin prohibe a adopción en Rusia cando o país de orixe permite o cambio de sexo

Putin prohibe a adopción en Rusia cando o país de orixe permite o cambio de sexo

A cidadanía española é unha das afectadas pola lei aprobada este sábado 

G24.gal 23/11/2024 18:12 Última actualización 23/11/2024 19:18

O presidente ruso, Vladímir Putin, prohibiu que a cidadanía procedente de países con cambio de sexo legal poida adoptar menores en Rusia. 

"Ten como obxectivo (...) excluír calquera posibilidade de adopción de nenos rusos por parte de representantes das comunidades LGBT",  dixo o presidente da Duma, Viacheslav Volodin, cando se aprobou a norma.

En virtude da lei promulgada este sábado, afecta aos países que permiten o cambio a través de tratamento médico ou dos documentos de identidade.

"Temos que protexer os pequenos que non poden protexerse a si mesmos",

Volodin mencionou doce países, entre eles Italia e España, que no seu momento lideraron o número de adopcións, pero tamén Alemaña, Bélxica ou Suíza, por permitiren o cambio de sexo entre menores de idade, política que tachou de "funesta".

"Un estranxeiro que adoptou un neno ruso pode, despois de regresar ao territorio do seu país, cambiar o sexo, pero o peor é que pode cambialo tamén o neno adoptado", aseverou.

Endurecemento dos requisitos

No mes de setembro a vicepresidenta da Duma, Anna Kuznetsova, revelou que as adopcións por parte de estranxeiros cesaran por completo despois de adoptárense máis de 100.000 menores rusos durante os 30 anos anteriores.

As autoridades rusas comezaron a endurecer en 2011 os requisitos de adopción para os países que legalizaran o matrimonio homosexual e aos que obrigaron a asinar convenios bilaterais. 

Putin o pasado venres. Sputnik/Vyacheslav Prokofyev/Pool via REUTERS Putin o pasado venres. Sputnik/Vyacheslav Prokofyev/Pool via REUTERS
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade