Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nais de menores agredidos por grupos violentos piden xustiza en Vigo

Nais de menores agredidos por grupos violentos piden xustiza en Vigo

Reclaman endurecer as penas e ditar ordes de protección e afastamento respecto das vítimas

G24.gal 18/12/2024 14:18

A denuncia dos pais dun adolescente de 14 anos que sufriu agresións por parte dos membros dunha banda encabezada por un menor coñecido como o Patrón de Vigo fixo saltar as alarmas. Nais que viviron situacións semellantes amosan o seu apoio ás familias e ás vítimas. 

A policía ten constancia de distintas denuncias desde o ano 2022 contra os membros deste grupo no que todos son menores de idade. Diante da Cidade da Xustiza de Vigo reclaman medidas de protección para as vítimas.

Vítimas que sufriron ameazas e agresións por parte doutros grupos violentos aconsellan denunciar desde o primeiro momento. 

Denuncian ademais a falta de medidas de apoio para superar as secuelas.

Malia ser menores, piden o endurecemento das leis penais para os membros destes grupos violentos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade