Feridas tres menores, dúas delas na UCI, ao seren atropeladas nunha beirarrúa en Oviedo
Feridas tres menores, dúas delas na UCI, ao seren atropeladas nunha beirarrúa en Oviedo
As menores estaban a esperar a que o semáforo se puxese en verde para os peóns para cruzar a rúa
Tres menores de entre 14 e 16 anos quedaron feridas ao ser atropeladas este venres por un turismo que se subiu á beirarrúa cando estaban a esperar para cruzar a rúa, informaron a EFE fontes municipais.
O atropelo produciuse arredor das 8:00 horas na rúa Padre Vinjoy, á altura da esquina con Ángel Muñiz Toca, cando as menores estaban a esperar a que o semáforo se puxese en verde para os peóns para cruzar a rúa.
As menores foron atropeladas por un turismo que se subiu á beirarrúa cando circulaba en dirección á praza de Castela. As tres menores foron trasladadas ao Hospital Universitario Central de Asturias (HUCA), unha delas ferida de gravidade. Ao lugar do atropelo de desprazaron tres ambulancias e varios axentes da Policía Local de Oviedo.
Dúas delas están na UCI
As dúas irmás adolescentes, nacidas en 2008 e 2009, que foron atropeladas este mañá en Oviedo atópanse ingresadas na UCI do Hospital Universitario de Asturias (HUCA). A maior das irmás presenta feridas que revisten maior gravidade, segundo informou a Delegación do Goberno. Unha terceira menor ferida non reviste gravidade.
O condutor que, por causas que investiga a Policía Local de Oviedo, saíu da vía e subiu á beirarrúa atropelando tres adolescentes deu negativo nas probas de alcoholemia e drogas que lle practicou a Policía Local, segundo informaron a Europa Press fontes municipais.
As dúas irmás viven nun centro tutelado en Oviedo polo Goberno do Principado e dirixíanse a coller un autobús para trasladarse ao seu centro educativo na localidade de Mieres. A terceira menor, ferida de carácter leve e nada en 2012, esperaba tamén o semáforo para cruzar e ir á clase ao Instituto Aramo.