Morre un home de 82 anos nun atropelo no concello lugués de Guntín
Morre un home de 82 anos nun atropelo no concello lugués de Guntín
O sinistro produciuse na estrada LU-612, na parroquia de San Mamede de Lousada
Un veciño de Lugo de 82 anos morreu atropelado nun sinistro que tivo lugar no concello lugués de Guntín.
Segundo informa o 112 o sinistro produciuse na estrada LU-612, na parroquia de San Mamede de Lousada. Ao parecer o falecido invadiu a calzada a nun treito que conta con pouca iluminación, e foi alcanzado por un vehículo que circulaba en dirección a Portomarín.
🔴 #AXEGAInforma dunha persoa que faleceu tras ser atropelada por un coche en Guntín.
— 112 Galicia (@112Galicia) January 19, 2025
📍 Km. 11 da LU-612, San Mamede de Lousada.
➡️ O #112Galicia tivo constancia do accidente pouco despois das 20:45h, a través do aviso dun particular.
🔗 https://t.co/CSiTsYij8B pic.twitter.com/oFfTmbO1A3
Foi un particular o que alertou os servizos de emerxencias do sinistro, que tivo lugar preto das nove da noite deste domingo.
Cando chegaron ao lugar, os sanitarios informaron da gravidade da situación, e a pesar dos esforzos realizados por salvarlle a vida, finalmente só puideron confirmar o seu falecemento.
No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia 061, Garda Civil de Tráfico e GES de Friol-Pas.