Pilar Alegría será a nova líder do PSOE de Aragón tras renunciar Darío Villagrasa
Pilar Alegría será a nova líder do PSOE de Aragón tras renunciar Darío Villagrasa
O alcalde de Bujaraloz e tamén portavoz adxunto nas Cortes de Aragón, asegurou que "confluír" coa outra candidata, a prol da unidade, "é o mellor para o partido"
Alegría ábrelle a porta a Villagrasa a integrarse no seue quipo
Pilar Alegría presentaba emocionada este venres a súa precandidatura á secretaria xeral dos socialistas aragoneses.
Será a única aspirante. O alcalde de Bujaraloz (Zaragoza) e portavoz adxunto nas Cortes de Aragón, Darío Villagrasa, renunciou a disputar a secretaría xeral do PSOE aragonés, co que a ministra de Educación e portavoz do Goberno, Pilar Alegría, ten o camiño libre para ser a sucesora de Javier Lambán.
Alegría ábrelle a porta para integrarse no seu equipo ao candidato crítico, Darío Villagrasa. El era o candidato do actual líder dos socialistas aragoneses, Javier Lambán, que lle agradecía neste chío o seu esforzo.
Nunha comparecencia na sede do partido en Zaragoza pouco antes de que se abrira este venres o prazo para a presentación de precandidaturas, Villagrasa comunicou que abandona a carreira polo liderado do PSOE aragonés, ao entender que "confluír" coa outra candidata, a prol da unidade, "é o mellor para o partido".
Levantado polos afíns a Lambán, Villagrasa deu por terminada así a súa aspiración de liderar o PSOE aragonés, ante o goteo de apoios públicos que solicitou das agrupacións socialistas máis relevantes a ministra de Educación, quen oficializará a súa precandidatura este venres.
Con Pilar Alegría son xa cinco os ministros de Pedro Sánchez que liderarán as federacións autonómicas. A ministra portavoz vese capaz de compatibilizar as súas funcións orgnánicas coas de goberno.