Publicador de contidos

Publicador de contidos

Condenan o Principado de Asturias a indemnizar unha muller polo ataque dun oso

Condenan o Principado de Asturias a indemnizar unha muller polo ataque dun oso

A sentenza obriga a pagarlle á vítima 85.000 euros por danos físicos e morais

O animal causoulle esgazaduras na faciana e rompeulle a cadeira

A muller atacada polo oso ten agora 80 anos
G24.gal 13/04/2025 15:05

Unha sentenza pioneira en Asturias condena por primeira vez o Principado a pagar case 85.000 euros para indemnizar os danos físicos e morais causados por un oso a unha persoa. 

A familia da muller atacada polo animal en 2021 nunha estrada de montaña en Cangas de Narcea recibe con certa satisfacción a decisión tras catro anos de preitos. Carmen sufriu esgazaduras na faciana e rompeu a cadeira e aínda agora con 80 anos sofre secuelas.

Os xuíces consideran ademais que a sentenza tardou porque a Administración obstaculizou a entrega de documentación. Carmen segue a saír a pasear con muletas e con compañía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade