Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno retira as axudas para o transporte público gratuíto a menores de 14 anos en Andalucía

O Goberno retira as axudas para o transporte público gratuíto a menores de 14 anos en Andalucía

Acusa a Junta andaluza de ocultar que a medida estaba financiada polo Estado

Transportes considera que se vulnerou a lealdade institucional

Imaxe de arquivo de Óscar Puente durante a visita ás obras da intermodal de Lugo (EFE/Pedro Eliseo Agrelo Trigo) Imaxe de arquivo de Óscar Puente durante a visita ás obras da intermodal de Lugo (EFE/Pedro Eliseo Agrelo Trigo)
G24.gal 15/04/2025 17:33

O Ministerio de Transportes comunicou á Junta de Andalucía a retirada das axudas destinadas a subvencionar o transporte público gratuíto para menores de 14 anos, ao considerar que se incumpriu a obrigación de indicar expresamente que esta medida estaba financiada con fondos estatais.

Nunha carta enviada á conselleira de Fomento andaluza, Rocío Díaz, o ministerio considera que o anuncio feito pola Junta representa unha “quebra” da lealdade institucional, ao non recoñecer a participación do Estado na iniciativa.

“Estes incumprimentos abocan, lamentablemente, á imposibilidade de conceder as axudas solicitadas por esa Administración”, conclúe a misiva asinada polo director xeral de Estratexias de Mobilidade, Miguel Álvarez Martínez.

Críticas públicas do ministro

O ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puente, criticou este luns na rede social X que a Junta de Andalucía seguira “o ronsel” da presidenta madrileña, Isabel Díaz Ayuso, ao anunciar unha bonificación que “paga” o Goberno central. “Isto vai traer rabo”, advertiu.

Puente cualificou de “aínda máis grave” que o anuncio se publicase na web oficial da Junta, o que, ao seu xuízo, supón un incumprimento claro da normativa.

O ministerio lembra outras achegas estatais

O Ministerio de Transportes lembrou que o Goberno financia integramente o desconto do 50 % no abono a xente nova e cofinancia bonificacións do 40 % para títulos multiviaxe e abonos de transporte local e autonómico.

Segundo Transportes, a Junta de Andalucía está a omitir que a medida só é posible grazas ás axudas impulsadas polo ministerio para promover o uso do transporte público no segundo semestre do ano.

Se a Junta persiste no incumprimento, advertiu Puente, aplicaranse as consecuencias legais correspondentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade