Publicador de contidos
Publicador de contidos

Continúa a busca de Francisco Barcia, de 84 anos, desaparecido o pasado mércores en Ribadeo

Continúa a busca de Francisco Barcia, de 84 anos, desaparecido o pasado mércores en Ribadeo

A busca intensifícase este luns por mar coa incorporación ao operativo dunha patrulleira da Garda Civil

G24.gal 04/11/2024 14:21

Francisco saíu ás once da mañá do mércores da súa casa en Ribadeo e xa non volveu. O último que se sabe del é o testemuño dun coñecido que o viu pola tarde no centro da vila. Carlos Fernández, Capitán da Garda Civil da comarca da Mariña di que teñen o testemuño dunha persoa que o viu o mércores arredor das catro e media da tarde no centro de Ribadeo e que incluso falou con el.

O operativo de busca traballa sen apenas descanso. Garda Civil, dúas brigadas forestais, Policía Local e Protección Civil de Ribadeo, así como medios aéreos. Este luns decidiu reforzarse a busca no litoral dende o mar. Carlos Fernández di que buscaron moi ben toda a zona do litoral dende terra, pero que a partir deste luns se incorpara ao operativo unha patrulleira da Garda Civil cunha lancha semirríxida para chegar máis facilmente ás zonas da ría coa marea baixa.

Francisco adoitaba facer a diario longos paseos sen ruta fixa, polo que a área de busca é moi extensa. 

"Miramos todo o entorno de Ribadeo e fomos estendendo a área de busca, non só con labores operativos, que as seguimos facendo, senón tamén de investigación, revisando todas as gravacións de cámaras de seguridade", di Carlos Fernández.

Van xa cinco noites que Francisco dorme fóra da casa. Sen roupa de abrigo nin a súa medicación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade