Publicador de contidos
Publicador de contidos

A actividade emprendedora en Galicia acada o seu mellor dato en 14 anos

A actividade emprendedora en Galicia acada o seu mellor dato en 14 anos

Diminúe o medo ao fracaso, pero só o 28 % ve oportunidades de negocio, segundo o informe GEM

Os emprendedores rurais animan a dar o paso: "Desde o rural pódese facer de todo"

G24.gal 19/11/2024 14:54

O medo ao fracaso xa non é un freo para a maioría dos emprendedores, pero só o 27 % ve oportunidades de negocio, sobre todo no medio rural. 

"Hai que sacar negatividade ao emprendemento no rural, porque Galicia ten moitísimo por explotar. Desde o rural pódese facer de todo, non hai que ter medo ao fracaso porque existe e nos pode axudar a mellorar", explica María Bermúdez, responsable de Comercio Electrónico da Casa Grande de Xanceda.

"O sector lácteo ten moito futuro en Galicia. Nós animamos a estes homes e mulleres que nos subministran o leite a que sigan coas explotacións leiteiras adaptándoas aos nosos días", engade Jesús García, director de Operacións do Grupo Lence.

Os que xa fixeron ese camiño non negan atrancos, pero animan a dar o paso con ideas claras e proxectos que dinamicen o territorio. É o caso da gandería ecolóxica da Casa Grande de Xanceda ou dos ovos do Pazo de Vilane, que comezou con 50 galiñas ceibas e hoxe ten 200.000 mil.

"O emprendemento rural é unha carreira longa, un non acada o éxito en pouco tempo. O que aposte por isto ten que ter claro que é unha maneira  de vivir e de traballar", incide Nuria Varela Portas, xerente do Pazo de Vilane.

Exemplos de éxito que animan a buscar vida e traballo nun rural con oportunidades para quen saiba velas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade