Publicador de contidos
Publicador de contidos

Formación para emprender un negocio propio desde os centros de ensino de FP

Formación para emprender un negocio propio desde os centros de ensino de FP

O próximo curso un cento de centros de FP contarán con aulas de emprendemento

Trátase de orientar e titorizar aqueles alumnos que xa teñen unha idea de negocio

G24.gal 24/08/2024 15:41

O alumnado que xa desde a súa etapa formativa ten unha idea de negocio propio pode en Galicia participar nas aulas de emprendemento que se desenvolven nun cento de centros de Formación Profesional. 

É un asesoramento formativo aplicado ás distintas familias profesionais dos ámbitos de produción, servizos ou innovación que lle permite ao alumnado un desenvolvemento persoal e profesional para montar a súa propia empresa desde o centro de ensino. 

"Para que en todos estes centros se traballe dun xeito máis intenso do que se traballa normalmente, eses valores de emprendemento e na coordinación e impulso dunha formación que permita ao alumnado de FP poñer en marcha un proxecto empresarial", explica Eugenia Pérez, directora xeral de Formación Profesional

"Entre as habilidades que fomentamos o que intentamos é traballar a iniciativa emprendedora, a capacidade de liderado, traballar en equipo, dominar as técnicas de comunicación e saber ser flexibles e adaptarse aos cambios que ao longo da súa vida profesional van ir enfrontando, tanto como traballadores por conta allea como futuros empresarios", asegura Mónica Rodríguez, coordinadora de Emprendemento do CIFP Politécnico de Santiago.

Despois desta formación o alumnado pode tamén inserirse nos viveiros de empresa específicos de FP, con instalacións e servizos de asesoramento. 

Nos centros de ensino perciben que cada vez hai máis alumnos con intención de desenvolver a súa propia idea de negocio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade