Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous mozos do Irixo apostaron por emprender no rural cun negocio apícola

Dous mozos do Irixo apostaron por emprender no rural cun negocio apícola

Con 26 e 27 anos, Andrea e Brais teñen claro que queren vivir e traballar na aldea e por iso montaron Raíña Celta

G24.gal 24/09/2024 20:46 Última actualización 24/09/2024 21:05

Tiñan o seu traballo en Santiago pero decidiron trasladarse a vivir ao rural e apostaron por emprender. Con colmeas na familia, hai un ano puxeron en marcha o seu propio negocio relacionado co mel.

Brais Bernárdez, mozo emprendedor: "Comezamos por catro colmeas, para probar, e agora xa temos 90 e para o ano queremos chegar ás 200".

Andrea Regueiro, moza emprendedora: "E despois xa establecemos a marca como tal e creamos os outros produtos".

Ademais de mel, tamén elaboran candeas e mesmo cosmética natural. Venden a través de Internet e en pequenas tendas. Por agora aínda o compaxinan con outros traballos.

Brais Bernárdez: "Coa idea de, nun futuro próximo, canto antes mellor, poder vivir disto e do rural".

O seu caso non é habitual. En Ourense xa hai neste intre máis maiores de 65 anos á fronte dun negocio que menores de 30. Andrea e Brais recoñecen que os inicios son complicados pero teñen claro que volverían emprender apostando sempre polo rural.

Andrea Regueiro: "Porque é moi necesario e ademais non es consciente da calidade de vida que ganas. Traballas, si, pero falo ao teu ritmo e vives nisto que me rodea agora mesmo. Que máis queres!".
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade