Cargando resultados...
Viveiro, punto de encontro de tatuadores
Uns 70 tatuadores participan na segunda edición do Viveiro Tattoo Expo que sitúa A Mariña como un referente no mundo da tatuaxe
G24.gal
12/04/2025 14:20
Celébrase en Viveiro esta fin de semana a II Viveiro Tattoo Expo, un evento no que participan profesionais e afeccionados do mundo da tatuaxe.
O evento tivo como xermolo o labor de tres tatuadores da zona que organizan esta exposición para poder traer á Mariña os profesionais deste mundo e abrir as portas a que centos de afeccionados se acheguen estes dous días a un certame que se está convertendo nun referente nacional.