Cargando resultados...
A procesión da Borriquiña enche a zona histórica de Viveiro de Semana Santa
Centos de persoas sacaron as palmas, loureiros e oliveiras para a beizón
G24.gal
13/04/2025 14:33
A Semana Santa de Viveiro, declarada Festa de Interese Turístico Internacional, non defrauda.
Un ano máis, a procesión da Burriquiña consegue que centos de nenos se acheguen ás rúas da zona vella da cidade para que lles bendigan as súas palmas, oliveiras e loureiros.
Uns vinte minutos despois de saír da igrexa de San Francisco, o paso chega á Praza Maior, onde se celebra a beizón, un acto que os asistentes cualifican de "emotivo".
Despois cada un leva as pólas benditas para a casa, onde a tradición manda que estean ata o Domingo de Ramos do ano que vén.