Publicador de contidos

Publicador de contidos

Peregrinos dixitalizados: a maioría descarga aplicacións para facer o Camiño

Peregrinos dixitalizados: a maioría descarga aplicacións para facer o Camiño

Malia que buscan desconexión, non renuncian á tecnoloxía 

Proliferan as aplicacións con todo tipo de información e servizos para os camiñantes

 

0 seconds of 0 secondsVolume 50%
Press shift question mark to access a list of keyboard shortcuts
Keyboard Shortcuts
Play/PauseSPACE
Increase Volume
Decrease Volume
Seek Forward
Seek Backward
Captions On/Offc
Fullscreen/Exit Fullscreenf
Mute/Unmutem
Seek %0-9
00:00
00:00
00:00
00:00
 
G24.gal 01/04/2025 14:32

Algúns seguen tirando exclusivamente de frechas amarelas, conversación ou guía de papel para chegar a Compostela. Pero a maioría dos peregrinos apóiase na tecnoloxía para facer o Camiño.

"É unha axuda máis. Poderiamos camiñar sen móbil, pero sería como facer o camiño sen zapatos. Poder podes, pero é máis difícil". "Si, usamos dúas aplicacións para mirar as etapas e os albergues".

"Eu cheguei sen axuda da tecnoloxía, só reservei albergues por Internet". "Teño a guía en papel e converso coa xente das aldeas e as vilas e miro a paisaxe. Levo o móbil, pero en modo avión. Quero desconectar de verdade".

Planear e personalizar etapas, emitir sinais de socorro, buscar hospedaxe, mesmo localizar camiñantes cos que ter unha cita. A oferta de aplicacións para peregrinos é ampla e variada, pero as máis populares son as que lles axudan a non perder o rumbo.

"Ás veces non está ben sinalizado e axuda moito o teléfono". "Por exemplo a app Buen Camino permite que se te desvías, podas atopar de novo a ruta". "E tamén son útiles para buscar a historia do lugar ou recomendacións de restaurantes". "Nos planificamos coa app de noite no albergue e de día camiñamos".

Pero por dixitalizados que estean os peregrinos, o certo é que a maioría segue escollendo o formato tradicional de papel para selar a credencial. Obteñen así un recordo tanxible dunha viaxe inesquecible.

"O Código QR non é o mesmo, o móbil podes perdelo. Prefiro levar este recordo a casa con todos os selos por onde pasei, é máis bonito".

Un recoñecemento en papel, a Compostela, obtida con suor analóxica e algunha que outra axuda dixital. Porque os tempos cambian, e o Camiño tamén.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade