Publicador de contidos
Publicador de contidos

TikTok suspenderá as súas operacións nos EUA a menos que Biden interveña

TikTok suspenderá as súas operacións nos EUA a menos que Biden interveña

A rede social pídelle á Casa Branca unha declaración na que garanta que non haberá ningunha acción legal na súa contra

O domingo entra en vigor a lei que obriga ao seu apagamento por non desvincularse da  empresa matriz, a chinesa ByteDance

A prensa informa dende a Corte Suprema dos EUA en Washington. REUTERS/Marko Djurica A prensa informa dende a Corte Suprema dos EUA en Washington. REUTERS/Marko Djurica
G24.gal 18/01/2025 08:55 Última actualización 18/01/2025 10:09

TikTok segue coa idea de suspender as súas operacións nos Estados Unidos este domingo, 19 de xaneiro, malia a decisión tomada polo aínda presidente, Joe Biden, de deixar o futuro da rede social nas mans do seu sucesor, Donald Trump.

Para TikTok, a posición adoptada por Biden "non logrou brindar a claridade e a seguridade necesarias" para manter as operacións.

"A menos de que o Goberno de Biden emita unha declaración definitiva de inmediato que tranquilice aos provedores de servizos máis críticos, asegurando que non haberá ningunha acción legal na súa contra, TikTok verase forzado a suspender a súa operación o 19 de xaneiro", apuntou nun comunicado a rede social.

A Corte Suprema dos EUA deu luz verde este venres a unha lei que obriga a TikTok a suspender as súas operacións no país antes do 19 de xaneiro por non desvincularse da súa empresa matriz, a chinesa ByteDance.

Biden debería tomar medidas ese día para garantir que a rede social deixe de operar no país por razóns de seguridade nacional, pero decidiu deixarlle a responsabilidade a Trump, que asumirá o cargo o 20 de xaneiro, un día despois do veto.

Trump, que está a explorar opcións para garantir a continuidade da plataforma, dixo despois que tomaría a súa decisión "nun futuro non moi afastado".

Seguridade nacional

O veto a TikTok ten a súa orixe nunha lei aprobada polo Congreso en abril de 2024, co apoio de demócratas e republicanos, que lle outorgaba a ByteDance nove meses para vender as operacións de TikTok nos EUA a un investidor que non fose considerado un "adversario" do país.

Ademais, a norma establecía que, de non cumprirse esta condición, a aplicación prohibiríase o 19 de xaneiro por motivos de seguridade nacional.

ByteDance é una tecnolóxica creada por Zhang Yiming, un dos homes máis ricos do mundo ByteDance é una tecnolóxica creada por Zhang Yiming, un dos homes máis ricos do mundo
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade