Cargando resultados...
Adeus a Bernardino Graña
O poeta do mar e do amor, Bernardino Graña, é autor de con composicións que pertencen hoxe ao cancioneiro popular
Nacido en 1932, incorporouse moi novo ao comité de redacción da revista Alba e foi membro fundador do grupo Brais Pinto
G24.gal
20/01/2025 14:37
Última actualización 20/01/2025 16:25
Esta fin de semana deixounos Bernardino Graña, o poeta do mar, o prolífico autor de literatura infantil e xuvenil, impulsor e primeiro presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega e membro do grupo Brais Pinto. Faleceu en Nigrán, aos 92 anos: unha longa vida que deixa unha extensa obra e un recordo imborrable.