Cargando resultados...
Marta Dacosta: "Cando hai perda da memoria e identidade, sobrevóase o abismo"
Marta Dacosta: "Cando hai perda da memoria e identidade, sobrevóase o abismo"
'Papaventos Abismados' é un canto á vida que se asenta no presente para reconstruír a memoria entre o esquecemento
Este poemario, editado por Apiario, gañou o IV Premio Filomena Dato do Concello de Bergondo
0 seconds of 0 secondsVolume 50%
Press shift question mark to access a list of keyboard shortcuts
Keyboard Shortcuts
Play/PauseSPACE
Increase Volume↑
Decrease Volume↓
Seek Forward→
Seek Backward←
Captions On/Offc
Fullscreen/Exit Fullscreenf
Mute/Unmutem
Seek %0-9
G24.gal
18/12/2024 15:11
Última actualización 18/12/2024 16:30
"Sinto que un elo máis/ por iso vou deixando migallas/ na beira do desafiuzamento. Agora que aínda son dona da palabras que sosteño. Papaventos abismasdos coma áncoras".
Eses 'Papaventos abismados' danlle título ao novo poemario de Marta Dacosta. Versos polos camiños, na cociña, nas salas de espera, versos onde a memoria e desmemoria camiñan xuntas, onde as mans que coidan se confunden de corpo, versos onde hai area e áncoras, palangre, perda, ira, mercurio e 'papaventos abismados'.