Camiño Noia: "Francisca Herrera non tivo en vida a repercusión que se esperaba, a pesar de ser a primeira novelista galega"

Francisca Herrera Garrido foi a primeira muller designada membro de número da Real Academia Galega en 1945
En 1920, publica Néveda, a primeira novela en galego escrita por unha muller. En 1987 dedicóuselle o Día das Letras Galegas
Francisca Herrera Garrido tivo unha grande amizade con Murguía, que propiciou a súa entrada na RAG e na prensa local coruñesa
"Querendo un gran poema cantar, dúbidas teño: que se falo galego non me entenden e a cantar castillán non me comprendo".
Así comeza a introdución de Néveda, a primeira novela escrita en galego por unha muller. Era o ano 1920 e a autora era, curiosamente, unha muller da burguesía acomodada da Coruña. Francisca Herrera Garrido foi ademais a primeira muller da Real Academia Galega.
Hoxe falamos dela e todo un traballo investigación da profesora Camiño Noia que se publica agora en Layren. O editor, José Leoncio Areal, é o afillado de Francisca Herrera Garrido, unha autora que rompeu coas normas da súa época ao escribir en galego a comezos do século XX.