Cargando resultados...
María von Touceda: "Querer ter todos o mesmo corpo fainos desgraciados"
María von Touceda: "Querer ter todos o mesmo corpo fainos desgraciados"
En 'Cinco lorzas metafísicas' María von Touceda verte sen rodeos as súas opinións sobre o mundo das aparencias
A autora tamén critica o pensamento de "todo vale" no ámbito da arte contemporánea
G24.gal
19/12/2024 14:54
Última actualización 19/12/2024 16:49
'Cinco lorzas metafísicas' é o suxestivo título do ensaio que acaba de publicar a escritora compostelá María von Touceda.
Sen pelos na lingua, María dispara as súas críticas contra unha sociedade que premia os corpos perfectos e infravalora os gordos. A autora asegura que non quixo facer un ensaio denso, pero que si nos dea para pensar e reflexionar nunha época en que a vagancia mental está á orde do día.