Blas González: "A perda da paisaxe implica tamén a perda da identidade e da memoria"
Blas González: "A perda da paisaxe implica tamén a perda da identidade e da memoria"
Blas González amosa o imaxinario e a realidade da Limia en 'Cadernos da Limia: Paisaxe, identidade e memoria'
Blas Gonzalez parte da experiencia da súa nai que marcha a Venezuela coa lagoa fixada na retina e na memoria e cando volve atopa unha desfeita
A exposición na sala Apo'strophe de Vigo ven acompañada de recitais poéticos e conferencias que se estenden ata o mes de xaneiro
A Lagoa de Antela é unha lagoa ausente. Unha das zonas húmidas mais extensas da Península Ibérica foi desecada a partir dun decreto do ano 56. Unha exposición subliña na Galería Apos'trophe de Vigo o desgaste emocional desa ausencia: Cadernos da Limia: Paisaxe, identidade e memoria' percorren un panorama físico e humano a través das fotografías e a documentación do fotografo Blas González.