Cargando resultados...
Guadi Galego: "A luz do roibén sempre nos salva"
En Roibén Guadi canta poemas como Penélope, de Xohana Torres, ou Alegoría, con letra de Antía Otero
Neste disco, en formato único, participan as voces de Mabü e Pau Brugada ou a produción de Iván Ferreiro
Carlos Abal, Inés Gontad e Tono Chouza dirixiron os tres videoclips que presentan Roibén
G24.gal
16/12/2022 16:35
Di ela que nunca soñou este disco, que lle veu dado, por non deixar de compartir a vida e a música, a poesía, as conversas e por entregase a un mundo tan diferente e á vez tan normal. Ou sexa, Guadi Galego transita a vida, e faino con esa cor vermella do sol cando se pon, co roibén... e rodeada de Penélopes.