Publicador de contidos

Publicador de contidos

A asesora de Begoña Gómez nega xestións coa Complutense antes de crearse a cátedra

A asesora de Begoña Gómez nega xestións coa Complutense antes de crearse a cátedra

Cristina Álvarez asegurou que non contactou coa Universidade nin coas empresas patrocinadoras da cátedra

Cristina Álvarez, asesora de Begoña Gómez, nos xulgados (Europa Press/Alejandro Martínez Vélez) Cristina Álvarez, asesora de Begoña Gómez, nos xulgados (Europa Press/Alejandro Martínez Vélez)
EFE 26/02/2025 13:45 Última actualización 26/02/2025 14:04

Cristina Álvarez, a asesora de Moncloa que asiste a Begoña Gómez, negou servirse do seu cargo en beneficio seu ou de terceiros, e rexeitou intervir en xestións relacionadas coa cátedra da Universidade Complutense de Madrid que codirixiu a muller do presidente do Goberno antes da súa creación.

Durante apenas dez minutos e a preguntas do seu avogado, Cristina Álvarez desmarcouse de calquera intervención relacionada coa cátedra, segundo informan a EFE fontes xurídicas. Álvarez compareceu este mércores en calidade de investigada ante o xuíz Juan Carlos Peinado, que investiga a muller do presidente do Goberno por presuntos como delitos de tráfico de influencias ou corrupción nos negocios.

Segundo as fontes consultadas, o seu interrogatorio xirou arredor da citada cátedra, sobre a que Álvarez dixo que non realizou nada antes da firma do convenio de creación, do 30 de outubro de 2020.

Non contactou con ninguén da Universidade nin coas empresas patrocinadoras da cátedra antes da firma do citado convenio, e sinalou que non coñecía a ninguén dos citados organismos.

Álvarez, explican as fontes, asegurou que nunca influíu en ningún funcionario en beneficio propio ou de terceiros, e que tampouco solicitou nada prevaléndose do seu cargo.

Pero antes de declarar comunicou ao xuíz que descoñece por que a investigan -algo que ten recorrido ante a Audiencia de Madrid-, e acudiu uns minutos á secretaría do xulgado para ser informada formalmente respecto diso.

Non é a primeira vez que Álvarez dá a súa versión ante o maxistrado: xa o fixo o 20 de decembro, cando declarou como testemuña -con obrigación de dicir verdade- que foi contratada en 2018 para xestionar a axenda pública e privada de Begoña Gómez e levar un control das súas actividades a efectos de seguridade. O seu posto, dixo, era eventual, e adscrito ao gabinete da Presidencia do Goberno.

Explicou que se o seu nome aparecía en correos da Universidade Complutense de 2022, relacionados con documentación dunha plataforma da cátedra que codirixía Begoña Gómez era porque ás veces incluíana en copia para confeccionar a súa axenda, pero ela eliminábaos.

E se enviou en 2024 desde a súa conta persoal un correo á directora de Comunicación da empresa Reale para pedir que seguisen copatrocinando a cátedra foi porque a muller do presidente lle pediu un favor e ela fíxollo como amiga.

A asesora foi a primeira en comparecer no Xulgado de Instrución número 41 de Madrid, onde este mércores están citados seis testemuñas, incluído Alfredo González, vicesecretario xeral da Presidencia do Goberno en xullo de 2018 e que foi quen propuxo nomeala

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade